Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emplazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Begoña Sanjurjo Rodríguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña tramítase o recurso nº 5/2001 (procedemento abreviado), interposto por María Begoña Sanjurjo Rodríguez na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de auxiliar de enfermería pretende a valoración na fase de concurso dos servicios prestados na Residencia Asistida da Terceira Idade de Oleiros, coa súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos