Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001 pola que se convoca e regula en réxime de concorrencia competitiva a concesión de axudas a corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 2001.

Correspóndelle á Administración impulsa-la creación e mellora de Oficinas Municipais de Información ó Consumidor (OMIC), para facilitarlles ós consumidores e usuarios, coa maior rapidez, a información e defensa dos seus dereitos e lexítimos intereses.

O contido desta resolución de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o cal en tanto non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómica axustándose ás directrices, tanto horizontais, como sectoriais, dictadas pola comisión, así como, de se-lo caso, ós límites de intensidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006.

En virtude disto, e de conformidade cos artigos 24 e concordantes do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario, e o capítulo II do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, sobre información e orientación ó consumidor e usuario,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O Instituto Galego de Consumo concederá axudas ós concellos desta Comunidade Autónoma, con cargo

á aplicación orzamentaria 08.50.343A.460.0 dos orzamentos xerais desta comunidade para o ano 2001 cun crédito máximo de 40.000.000 de pesetas, para actuacións de información e defensa dos consumidores e usuarios galegos que se realicen durante o ano 2001, a través das súas correspondentes Oficinas Municipais de Información ó Consumidor (OMIC). As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin.

Para que os concellos se poidan beneficiar das axudas ás que fai referencia o artigo 2º desta resolución, as Oficinas Municipais de Información ó Consumidor (OMIC) deberán, ademais das derivadas do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, cumpri-las seguintes condicións:

a) Estar abertas ó público 5 horas diarias como mínimo e contar cun rótulo no que conste de maneira destacada o obxecto da oficina.

b) Facilitarlle ó público información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exercelos.

c) Atende-las consultas, reclamacións e denuncias dos consumidores e usuarios colaborando para tal fin co Instituto Galego de Consumo.

Artigo 2º.-Obxecto.

O obxecto das subvencións a que se refire o artigo anterior será o seguinte:

a) Gastos de funcionamento das Oficinas Municipais de Información ó Consumidor.

b) Programas específicos que contribúan á defensa, protección e promoción dos intereses xerais dos consumidores e usuarios, á información e a mellora-la súa posición no mercado. Os programas que se van financiar son os seguintes:

1. Proxectos que faciliten a transición á moeda única e melloren a posición do consumidor no mercado.

2. Proxectos que contribúan a incrementa-lo número de adhesións ó sistema arbitral de consumo e en especial en sectores de gran relevancia social, tal é o caso de servicios básicos.

3. Proxectos dirixidos á poboación xove co obxectivo de eleva-lo seu nivel de formación en materia de consumo.

4. Proxectos que contribúan a mellora-la formación e información do consumidor, en especial, os relacionados coas novas tecnoloxías, a sociedade de información e a liberalización dos servicios básicos dirixidos ós cidadáns.

5. Proxectos que reforcen a formación e educación en materia de consumo dentro do sistema educativo.

6. Proxectos dirixidos á protección e defensa dos colectivos de consumidores vulnerables.

7. Cursos básicos de consumo que cumpran como mínimo coas condicións do anexo VIII.

Artigo 3º.-Contía.

A contía das axudas axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Para os gastos de funcionamento, a axuda será de ata o 70% do seu custo.

b) Para programas específicos, ata un máximo do 80% do seu custo.

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes (anexo I) para acollerse ás axudas económicas previstas na presente resolución dirixiranse ós servicios provinciais de consumo ou ós servicios centrais do Instituto Galego de Consumo, sendo en todo caso de aplicación o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa actual redacción; inclúense os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes acompañaranse da seguinte documentación:

a) Certificación do acordo do órgano competente pola que se acolle á axuda, coa expresión da cantidade exacta solicitada (anexo II).

b) Certificación da poboación de feito, segundo o último censo dispoñible (anexo III).

c) Certificación do secretario/a do concello na que se faga consta-lo horario no que a oficina permanece aberta ó público para atende-los consumidores e usuarios e para cursar reclamacións ou denuncias que presenten, e que será polo menos de cinco horas diarias ou vintecinco semanais.

d) Se é o caso, certificación do secretario/a do concello da existencia do Consello Local de Consumo, se estivese constituído, ou do acordo de creación del no 2000 (anexo IV).

e) Se é o caso, certificación do secretario do concello da existencia de mancomunidade con outros concellos e/ou de actuacións conxuntas con asociacións, para actividades sobre consumo (anexo V).

f) Certificado do secretario do concello do conxunto de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para actividades ás que fai referencia o artigo 2º, por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

g) Se a axuda solicitada está destinada ó funcionamento dunha nova OMIC, deberase presenta-la certificación do órgano competente pola que se aproba o proxecto correspondente.

h) Certificación do secretario do concello do número de consultas e reclamacións atendidas pola OMIC no 2000 (anexo VI).

Artigo 5º.-Emenda de defectos.

Os servicios centrais e provinciais de consumo comprobarán se a solicitude e documentación presentadas reúne os requisitos esixidos na presente resolución, e no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, requirirase o interesado para que no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da recepción do dito requirimento emende a falta

ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, considerarase desistido da súa petición, e procederase conforme o que determina o artigo 42.1º da devandita lei.

Artigo 6º.-Avaliación das solicitudes.

Crearase unha comisión de valoración que avaliará as solicitudes e que estará formada polos seguintes membros: o xerente do Instituto Galego de Consumo, que actuará como presidente, o xefe do Servicio de Información e Educación, o xefe do Servicio de Protección ó Consumidor e os xefes de servicio provinciais de Consumo, que actuarán como vocais, e un funcionario designado polo xerente, que actuará como secretario. A dita comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela o presidente, ou persoa en quen delegue, un vocal e o secretario.

A comisión de valoración, motivadamente, poderá requirir dos solicitantes das axudas a información ou documentación adicional, que non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

Artigo 7º.-Criterios de adxudicación das axudas.

A comisión de valoración avaliará os proxectos atendendo os seguintes criterios, relacionados por orde decrecente de importancia:

a) Grao de implantación territorial sobre o censo do número de habitantes de feito do municipio, o do ámbito territorial de actuación da oficina e o do proxecto formulado.

b) Achega económica da entidade ou entidades peticionarias, ou no caso de proxectos específicos o custo medio por beneficiario das accións desenvolvidas.

c) A calidade do proxecto.

d) A realización conxunta do proxecto por varios concellos e en colaboración con asociacións de consumidores.

e) Consultas e reclamacións atendidas pola OMIC no ano 2000.

Artigo 8º.-Resolución e aceptación de axudas.

Unha vez avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración esta efectuará proposta de resolución e elevaraa ó presidente do Instituto Galego de Consumo, como órgano competente para resolver. Na devandita resolución de concesión, que será motivada de acordo cos criterios de outorgamento, especificaranse as solicitudes beneficiarias, o importe do orzamento subvencionable, a porcentaxe da subvención que corresponda dentro dos límites establecidos, o importe da subvención concedida e o centro directivo que se encargará da súa xestión.

O prazo máximo para dictar e notificar ós interesados a resolución expresa será de catro meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución. O vencemento do citado prazo, sen que se notifique a resolución expresa, lexitima o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e, en consecuencia, de conformidade co previsto nos

artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da recepción da súa notificación, se fose expresa e, se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do devandito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderase interpoñe-lo recurso potestativo de reposición ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes se o acto fose expreso e, se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Todo isto sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da recepción da súa notificación, coas condicións específicas que se recollen nesta orde e as que, de se-lo caso, se inclúan na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 14º desta resolución.

Artigo 9º.-Pagamento e xustificación.

As axudas concedidas faranse efectivas despois da xustificación polo concello beneficiario da realización dos proxectos, actuacións e custos que foron obxecto da subvención.

Para a xustificación da subvención concedida, a corporación local deberá presentar antes do 31 de decembro de 2001, certificación do secretario/a do concello, logo de informe do interventor ou xefe de contabilidade da corporación, co visto e prace do alcalde, sobre o total dos gastos efectuados desagregada por accións ou proxectos, obxecto de subvención (anexo VII), ademais da seguinte documentación:

a) Certificación do secretario/a do concello, complementaria da presentada coa solicitude (punto 2.f do artigo 4º), do conxunto tanto das axudas solicitadas como as pendentes de resolución para os mesmos fins, obxecto da presente resolución.

b) Memoria dos proxectos realizados pola corporación.

c) Certificación da conta bancaria na que conste o ordinal bancario, código do banco, código da sucursal e código da conta corrente onde deba realizarse o pagamento, expedida pola entidade bancaria.

d) Certificados acreditativos de estar ó día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 10º.-Obrigas.

1. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substacialmente a execución dos fins para os que foron concedidas.

2. As corporacións locais beneficiarias deberán facer consta-lo patrocinio do Instituto Galego de Consumo na información publicitaria relativa ás actuacións subvencionadas.

Artigo 11º.-Concorrencia de axudas.

A obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

O importe desta axuda en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable establecido.

Artigo 12º.-Modificación da resolución da concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención dará lugar á modificación da resolución de concesión de axuda, que será dictada por resolución do presidente do Instituto Galego de Consumo, tal e como se especifica no artigo 12º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes supostos:

1. Cando o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

2. Pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

3. Cando se modifiquen as circunstancias que alteran a solicitude presentada inicialmente incluídos os cambios entre as letras a) e b) do artigo 2º. Neste caso, o beneficiario deberá solicita-la dita modificación, mediante instancia dirixida ó presidente do Instituto Galego de Consumo, na que se indiquen as ditas circunstancias, con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

Artigo 13º.-Supostos de reintegro.

Non se poderá esixi-lo pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

O procedemento de reintegro será o regulado no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14º.-Renuncia das axudas.

No caso de que o beneficiario renunciase á axuda unha vez percibida, procederase conforme o establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15º.-Control.

En todo caso, os beneficiarios sométense ás actuacións de control que efectúe o Instituto Galego de Consumo e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como ás que poida efectuar, de se-lo caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Instituto Galego de Consumo, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Consello de Contas e polo Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 16º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto nesta resolución, haberá que aterse ó disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu defecto pola Lei 4/2000, do 27 de decembro de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Disposición derradeira

Unica.-Facúltase o presidente do Instituto Galego de Consumo para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo