Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 25 de xaneiro de 2001 pola que se convocan axudas para o mantemento de centros de atención á primeira infancia dependentes das corporacións locais.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, inclúe, no seu artigo 5.3º, como unha das áreas de actuación, os servicios sociais da familia, infancia e menores, e o Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polos decretos 117/1999 do 23 de abril e 202/2000, do 21 de xullo, atribúelle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude as competencias neste sector.

Así mesmo, a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia establece no seu artigo 15 b) que a Xunta de Galicia promoverá os recursos destinados á atención á infancia, procurando que dispoñan dos medios necesarios para o seu desenvolvemento integral.

Por outra banda, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais é o órgano da Administración do Estado ó que lle corresponde a promoción e o fomento dos programas sociais no marco das obrigas estatais e da cooperación coas comunidades autónomas, cofinanciando estas axudas en materia de primeira infancia (0-3) xunto coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde adáptase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia, e os demais requisitos esixidos na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

As axudas que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212A.461.0, recollida na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, e o importe destinado a elas ascenderá a 236.824.000 ptas. ou o seu equivalente en euros.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas económicas para subvenciona-lo mantemento

de centros dedicados á atención á primeira infancia dependentes das corporacións locais que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais, e na Orde do 29 de febreiro de 1996 da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, modificada pola Orde do 6 de novembro de 2000, pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia, e que presten atención educativa e asistencial a nenos de 0 a 3 anos. Non obstante poderá eximirse do límite de idade os nenos de integración logo de informe dos equipos de valoración e orientación das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Para efectos desta orde, enténdese por nenos/as de 0 a 3 anos, os nacidos/as con posterioridade ó 31 de decembro de 1997.

2. Quedan excluídos da presente orde todos aqueles programas de atención á primeira infancia que polas súas propias características non se apoien para a súa execución en centros municipais.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas as corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan en funcionamento un centro de atención a primeira infancia e cumpran os requisitos anteriores.

Artigo 3º.-Criterios de concesión.

Serán criterios preferentes para a concesión das axudas previstas nesta orde, e co obxecto de dar continuidade ós centros en funcionamento:

a) Aqueles centros que fosen cofinanciados en anos anteriores con cargo ó Programa de Atención á Primeira Infancia (0-3) polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a Comunidade Autónoma e a corporación local.

b) Os centros de atención á primeira infancia que recibiron subvencións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores e obtiveran unha valoración satisfactoria.

c) As novas solicitudes atenderanse en función da dotación de recursos e criterios de necesidade e poboación.

Artigo 4º.-Tipo de axuda.

A axuda destinada a estes servicios concederase en forma de subvención de mantemento, entendéndose por tal os seguintes conceptos:

-Gastos de persoal.

-Gastos de alimentación.

-Outros gastos xerais de mantemento do centro.

Artigo 5º.-Normas xerais de subvención.

O importe da subvención por mantemento regulada nesta convocatoria en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario.

Artigo 6º.-Módulos de referencia para o cálculo da axuda.

1. Os módulos de referencia para o cálculo da axuda serán os seguintes:

A) Contía mensual da subvención en función do número de prazas ocupadas do centro de atención á primeira infancia.

Con comedorSen comedor

De 0-20 prazas14.000 ptas./praza.12.000 ptas./praza

De 21-30 prazas13.000 ptas./praza.11.000 ptas./praza

De 31-40 prazas12.000 ptas./praza.10.000 ptas./praza

De 41-52 prazas11.000 ptas./praza.9.000 ptas./praza

Máis de 52 prazas7.000.000 de ptas./ano.6.000.000 de ptas./ano.

B) Contía mensual de subvención en función das circunstancias da unidade familiar.

a) Por cada neno/a atendido, integrante dunha unidade familiar cunha renda per cápita mensual inferior a 45.000 ptas.:

-4.000 ptas. máximo ó mes, con carácter xeral.

-2.000 ptas. máximo ó mes, se utiliza servicio de comedor.

-2.000 ptas. máximo ó mes, se utiliza horario ampliado. Entendendo por tal aquel que exceda de 40 horas mensuais ó mínimo establecido.

-2000 ptas. máximo ó mes, se utiliza servicio de transporte escolar.

b) Por cada neno/a atendido, integrante dunha familia numerosa, percibirán unha subvención de 4.000 ptas. máximo ó mes.

c) Por cada neno/a atendido, integrante dunha familia monoparental percibirán unha subvención de 2000 ptas. máximo ó mes.

d) Por cada neno/a que teña algún irmán no centro de atención á primeira infancia percibirán unha subvención de 2000 ptas. máximo ó mes.

2. Aqueles centros de atención á primeira infancia que, debido ó intervalo aplicado conforme o punto 1.A) deste artigo, a contía para subvencionar resulte inferior a aquela que lle correspondería a outro cen

tro de atención á primeira infancia que se atope no límite superior do intervalo inmediatamente inferior, recibirán o importe que lle correspondería a esta última.

3. En caso de non existir crédito suficiente, reducirase a contía das axudas en igual proporción a tódalas corporacións locais que resulten beneficiarias.

4. No caso de que, unha vez calculadas estas axudas, existira remanente de crédito, este poderase distribuír entre tódalas corporacións locais beneficiarias desta orde en proporción ás cantidades que lles correspondan, logo de aplica-los módulos de referencia establecidos neste artigo.

5. Tendo en conta os datos consignados nos recadros correspondentes (anexo I), cando a cantidade para subvencionar sexa superior á diferencia entre os gastos e ingresos (sen ter en conta esta axuda) previstos para o exercicio 2001, reducirase nesa proporción.

Artigo 7º.-Renda per cápita mensual.

1. Para efectos desta orde, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Para estes efectos, enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalidez superior ó 33 por cento.

2. Para efectos desta orde, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral maila parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia, obteranse como resultado de aplicar ós datos existentes na Administración, os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 8º.-Financiamento

As corporacións locais deberán participar no financiamento do mantemento do centro alomenos cun 20 por 100 do seu orzamento total.

Artigo 9º.-Cotas complementarias.

1. Cando as contías destas axudas non sexan suficientes para cubri-lo custo total das prazas subvencionadas, os concellos poderán completalo con cotas dos pais. Neste caso, e sen prexuízo da autonomía municipal, as corporacións locais que sexan beneficiarias destas axudas, deben asumi-la obriga de tomar como referencia para as cotas complemen

tarias que aboen os pais, as contías máximas que a seguir se relacionan por tramos:

Renda per cápita mensualCota mensual

-Inferior a 20.000 ptas.exento total

-De 20.001 a 30.000 ptas.3.000 ptas.

-De 30.001 a 40.000 ptas.7.500 ptas.

-De 40.001 a 45.000 ptas.11.250 ptas.

-De 45.001 a 55.000 ptas.11.250 ptas.

-Máis de 55.001 ptas.15.000 ptas.

2. Cando o centro de atención á primeira infancia preste o servicio de transporte escolar, poderá incrementa-las contías anteriores nun máximo do 30 por 100 sobre a cota mensual ós nenos/as usuarios deste servicio.

3. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplica-las tarifas establecidas nos puntos 1 e 2 deste artigo realizaranse os seguintes descontos:

a) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa

b) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.

c) 20 por 100 no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro de atención á primeira infancia.

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

Artigo 10º.-Solicitude e documentación.

1. As solicitudes presentaranse segundo modelo oficial (anexo I) xunto coa seguinte documentación:

A) Proxecto educativo do curso 2000/2001, adaptado á seguinte estructura:

a) Previo: análise do contexto.

-Realidade sociocultural e económica da zona.

-Características do alumnado.

-Características do centro.

b) Sinais de identidade.

Principios asumidos polo centro, baseados:

-Na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

-Noutras fontes.

c) Obxectivos do centro.

Prioridades de actuación nos diversos ámbitos:

-Pedagóxicos.

-Organizativos.

-Institucionais.

d) Organización do centro.

Estructura e funcionamento de:

-Órganos unipersoais e colexiados.

-Profesorado: adscrición, horarios, coordinación.

-Colaboración cos pais.

-Utilización dos espacios escolares.

-Equipamento e recursos didácticos.

-Horario xeral do centro.

B) Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada ó mantemento do centro de atención á primeira infancia.

C) Certificación bancaria da conta corrente na que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da subvención concedida (anexo II).

D) Memoria do centro do curso escolar 1999/2000.

E) Fotocopia compulsada do permiso de inicio das actividades de acordo cos artigos 6 e 20 do Decreto 243/1995 e co artigo 5º da orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude do 29 de febreiro de 1996, modificada pola Orde de 6 de novembro de 2000, ou certificación acreditativa de que o dito permiso está en trámite.

2. Os documentos que se acheguen deben presentarse en orixinal ou fotocopia compulsada.

3. Os documentos xa achegados en convocatorias anteriores non será necesario presentalos de novo, agás que se producisen modificacións ou variacións neles, de acordo co previsto no artigo 35.f) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. As entidades solicitantes deberán presentar, ademais da documentación requirida, a documentación estatística relativa á institución, debidamente cuberta no modelo oficial conforme o anexo IV da presente orde.

5. Así mesmo, deben presentar declaración de tódalas solicitudes de subvencións efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou entidades privadas.

6. No caso de que se acollan á subvención en función dos recursos familiares (art. 6º.1.B.a), ademais da documentación anterior deberán presentar:

A) Persoas que presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar. En caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.

B) Persoas que non presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas

a) Os solicitantes de devolución rápida (modelo 104) presentarán copia da comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida (modelo 104), presentarán certificación dos datos existentes na Administración, que en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes, expide a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

C) Cando se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, é preciso un informe do asistente social do concello neste sentido. Así mesmo, é preciso o devandito informe naqueles casos nos que por distintas razóns non se poidan acredita-las rendas dos pais con escasos recursos.

7. No caso de familia numerosa, unidade familiar monoparental ou asistencia ó centro doutros irmáns, deberan acreditarse as ditas condicións.

Artigo 11º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. A solicitude e maila documentación requirida presentaranse na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, sendo de aplicación, en todo caso, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12º.-Tramitación.

1. A Dirección Xeral de Familia, como órgano responsable da tramitación dos expedientes, comprobará que estes reúnen tódolos requisitos recollidos nesta orde. De non ser así, requirirá o interesado para que, nun prazo de dez días, xunte a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, de acordo co artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, considerarase que desistiu por desistido da súa petición, logo de resolución, que deberá dictarse nos termos previstos no artigo 42 da mesma lei.

2. Revisados os expedientes, e completados, se é o caso, remitiranse á Comisión Central de Valoración para que, unha vez baremados, dicte a proposta de resolución, propoñéndolle ó órgano competente para a súa resolución a concesión ou denegación das axudas

Inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución, cando no procedemento se teñan en conta feitos, alegacións ou probas distintas ás aducidas pola corporación local interesada, poráselle de manifesto para que, no prazo de dez días, alegue ou presente os documentos e xustificacións que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

Presidente: a directora xeral de Familia.

Vocais: 3 funcionarios designados pola conselleira por proposta da directora xeral, actuando un deles como secretario.

Á dita comisión poderá asistir, con voz pero sen voto, un representante da intervención competente.

Artigo 13º.-Resolución.

1. A resolución das axudas por proposta da Comisión de Valoración e unha vez fiscalizadas pola intervención, correspóndelle á conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo máximo de tres meses contados a partir do día seguinte á data de publicación desta orde. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

2. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá lugar á modificación da resolución da concesión.

4. As resolucións concedidas seralle comunicadas ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para o seu coñecemento.

5. Se a entidade estivera tramitando o permiso de inicio de actividades, a concesión da subvención entenderase condicionada á efectiva obtención deste permiso.

Artigo 14º.-Xustificación e pagamento.

1. No momento da xustificación da execución total do proxecto e en calquera caso antes do derradeiro pagamento o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto

das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

2. Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención, procederase á xustificación e pagamento na forma que se indica a continuación:

A) As subvencións poderanse facer efectivas de conformidade co establecido na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 da seguinte forma: para aquelas que non superen o importe dun millón de pesetas (1.000.000 de ptas.) poderá anticiparse ata un 80 por 100 da contía outorgada, mediante a correspondente certificación de inicio de actividades, librándose o 20 por 100 restante unha vez presentada pola corporación local certificación expedida polo órgano competente na que se especifique a cantidade exacta do gasto realizado na finalidade obxecto da axuda. En todo caso, o importe do gasto certificado ha de ser igual ou superior á axuda concedida máis a achega da corporación local segundo o disposto no artigo 8º.

B) Nos demais casos poderá facerse efectivo o pagamento da axuda do seguinte xeito:

a) Un primeiro prazo do 30 por 100 da totalidade da subvención, no momento da súa concesión. Para facer efectivo este anticipo deberá presentarse como medio provisional de xustificación unha certificación emitida polo órgano competente da corporación do inicio das actividades.

b) Ata o 80 por 100 do total concedido (o seguinte 50 por 100 da subvención despois do anticipo) mediante pagamentos parciais, sempre que se presenten as correspondentes certificacións de gastos, que deberán incluí-lo recibido en concepto de anticipo, agás no caso de que se poida xustificar que a corporación realizou un gasto igual ou superior á cantidade concedida máis a achega da corporación local, segundo o disposto no artigo 6º; neste caso, procederase ó aboamento do 100 por 100 da subvención, tal e como se especifica no punto seguinte.

c) O 20 por 100 restante, unha vez presentada pola corporación certificación expedida polo órgano competente na que se especifique a cantidade exacta do gasto realizado na finalidade obxecto da axuda. En todo caso, o importe do gasto certificado ha de ser igual ou superior á axuda concedida máis a achega da corporación local segundo o disposto no artigo 6º.

A corporación local receptora deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, perante a Dirección Xeral de Familia, un balance de ingresos e gastos compresivo de todo o ano natural conforme o anexo III.

Así mesmo, a dita corporación deberá emitir no prazo de 20 días contados a partir da recepción da cantidade correspondente, certificación acreditativa de que foi rexistrado na súa contabilidade o ingreso da subvención, figurando co destino final para o que foi concedida.

Artigo 15º.-Outras obrigas.

As corporacións locais estarán, ademais, obrigadas a:

a) Facilita-la inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude respecto dos centros subvencionados.

b) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 16º.-Reintegro.

Procederá ó reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida e cos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento nos casos establecidos no artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, así como no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para estes fins. En todo caso, as actuacións que se subvencionen deberán realizarse dentro do exercicio económico de 2001.

Segunda.-As corporacións locais beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación que poida acorda-la Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como ás de control financeiro que lle correspondan á Consellería de Economía e Facenda e ás previstas na normativa do Consello de Contas.

Terceira.-As corporacións locais beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ó réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase a directora xeral de Familia para dictar cantas disposicións sexan precisas en relación con esta orde.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude