Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción e obras públicas da provincia da Coruña.

Visto o texto da acta asinada o día 4 de decembro de 2000 pola mesa negociadora do convenio colectivo do sector da construcción e obras públicas da provincia da Coruña (código convenio nº 1500395) integrada en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (Apecco) e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG, na que se acorda aproba-lo calendario laboral para o ano 2001 no ámbito do respectivo convenio colectivo, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminis

tración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acta nº 1

Convenio colectivo de construcción

e obras públicas

Provincia da Coruña

Asistentes:

-Por Apecco:

Antonio Fernández Durán.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

Manuel Carballo Gago.

Celestino Pérez Vázquez.

Jesús Calvo Romero.

Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez.

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.

-Por CIG:

Indalecio López Rodríguez.

Victorino Ares Prado.

Faustino Barcia Santos.

Na cidade da Coruña, 4 de decembro de 2000, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de Apecco os señores que arriba se relacionan, para proceder a dar cumprimento ós trámites de constitución da mesa negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas, e recoñecemento de lexitimidade.

Para os efectos de representatividade acredítanse as seguintes porcentaxes:

UGT: 37,4%.

CC.OO.: 29,6%.

CIG: 30,1%.

E en representación de cada unha das centrais, asistirán as seguintes persoas:

-Por UGT:

Celestino Pérez Vázquez.

Jesús Calvo Romero.

-Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez.

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.

-Por CIG:

Indalecio López Rodríguez.

Victorino Ares Prado.

Faustino Barcia Santos.

-E en representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (Apecco):

Antonio Fernández Durán.

Benigno López Bueno.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel López Grobas.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora do convenio colectivo de construcción e obras públicas da provincia da Coruña.

Aberta a sesión y despois dunha ampla deliberación con relación ó calendario laboral que rexerá para o ano 2001, acórdase aprobar por unanimidade o que se xunta á presente acta, como anexo I e que entra en vigor na data da súa sinatura.

En consecuencia, páctanse como festivos para o ano 2001 os seguintes:

5 de xaneiro (4 horas).

26 de febreiro.

30 de abril.

17 de maio.

18 de maio.

2 de novembro.

7 de decembro.

24 de decembro.

31 de decembro.

Os días F.C. que figuran no calendario, se coinciden en período vacacional, non computan para os efectos de F.C.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do calendario indicado ante a Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para os efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade asínase esta acta no lugar e data máis arriba indicados.