Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da provincia da Coruña (convenio de fusión).

Visto o texto da acta asinada o día 28 de novembro de 2000 pola comisión negociadora do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da provincia da Coruña (convenio de fusión) (código do convenio colectivo nº 1503425), integrada en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Ferretería y Hierros de la Provincia de A Coruña, Asociación Provincial de Mayoristas de Material Eléctrico, Asociación Provincial de Empresarios del Comercio de Materiales de Construcción y Decoración e o Gremio Provincial de Joyeros, Plateros y Relojeros e, en representación da parte económica, pola CIG, CC.OO. e UGT, na que se acorda modifica-los artigos 1º e 18º do devandito convenio colectivo, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e

depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acta

Na Coruña, ás 12 horas do día 28 de novembro de 2000, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo do comercio de materiais da construcción e decoración e comercio do metal da provincia da Coruña, integrada polos que se relacionan: parte empresarial: Ángel López Martínez, Ángel Torres González, Secundino Garrido Belmonte e José Luis Sánchez Pazos; e pola parte social, José Ramón Grela Castro, Nieves Montes Patiño e Lois Soto Sabio.

A comisión constitúese por acordo das partes que mutuamente se recoñecen capacidade necesaria para este acto.

O motivo da reunión é a denuncia dos artigos 18º e 1º do convenio.

A Lei de ordenamento e supervisión de seguro privado 30/1995 e o seu regulamento R.D. 2486/1998 impóñenlles ás empresas novas obrigas económicas, en aplicación do artigo 18º do convenio, obrigas non previstas cando se pactou este e que produce un desequilibrio no conxunto pactado en prexuízo das empresas, e que non lles reporta ós traballadores vantaxes efectivas.

Por outra banda, o artigo 1º, ó establece-lo ámbito funcional, faise por remisión a uns convenios xa inexistentes, o que dificulta na práctica a súa aplicación en casos concretos, esixindo unha nova redacción que delimite de forma clara o ámbito de aplicación.

Por todo isto, a comisión negociadora acorda, por unanimidade, modifica-los dous artigos, permanecendo o resto do convenio invariable na súa redacción actual ata o remate da súa vixencia o 31-12-2001.

A modificación acordada entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña dedicados

ó comercio, en calquera das súas modalidades (por xunto, polo miúdo, etc.) de productos de material eléctrico, electrónico e informático, comercio de todo tipo de maquinaria, comercio de materiais de construcción, pinturas, vernices, material de saneamento e material de decoración, comercio de ferretería, comercio de máquinas, accesorios e útiles agrícolas, incluídos tractores, recambios e accesorios de vehículos de motor, comercio de reloxos, xoiería e pratería, comercio de artigos de uso doméstico, comercio de metais, minerais metálicos, ferro, aceiro, metais preciosos e metais non férreos, comercio de vehículos de motor, motocicletas, ciclomotores, bicicletas e, en xeral, será de aplicación a tódolos sectores e subsectores do comercio que, no momento da sinatura deste acordo, non estivesen afectados polo ámbito de aplicación doutro convenio colectivo.

Exceptúanse as empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, consideradas no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Artigo 18º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para todos aqueles traballadores con dereito ó 100% da base reguladora.

Acórdase, así mesmo, autorizar a Francisco Javier González Outumuro para que proceda a dilixencia-los trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 13 horas da data e lugar indicados no encabezamento.