Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, dunha póliza de seguro de responsabilidade civil para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Expediente 13436/240/00.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación mediante concurso aberto dun seguro que cubra a responsabilidade civil/ou patrimonial e/ou legal que

puidese corresponder ó Concello de Vigo e demais asegurados definidos na cláusula 3 do prego de condicións técnicas na sección denominada condicións especiais, de forma solidaria e subsidiaria polos danos e perdas corporais e/ou materiais e perdas consecutivas causadas a terceros, que se deriven de calquera acción, erro ou omisión cometida polo asegurado ou supostamente cometida por este no exercicio e desenvolvemento das súas actividades e deberes.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: 1 de xaneiro de 2001 ata o 1 de xaneiro de 2001, podéndose prorrogar por outra anualidade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 38.000.000 de pesetas/ano (228.384,60 euros).

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos arts. 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula VIII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde