Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais dos empregados do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Persoal. Expediente 13580/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación da cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: non é posible a súa determinación.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límitte para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: 10 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula VI do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 3 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde