Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da asistencia técnica para a redacción do proxecto de humanización do barrio do Calvario en Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Medio Ambiente. Expediente 435/406.

2. Obxecto do contrato: descrición: redacción do proxecto de humanización do barrio do Calvario en Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 5.000.000 de pesetas/ano (30.050,60 euros).

5. Garantías: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos arts. 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de decembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde