Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por poxa, das obras de remodelación da antiga subestación eléctrica de Coruxo e centro de información turística.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio Histórico. Expediente 109/405/00 (980/405).

2. Obxecto do contrato: contratación por poxa da execución da obra de remodelación da antiga subestación eléctrica de Coruxo e centro de información turística, redactado polo arquitecto Álvaro P. Romero Gil-Delgado.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: 4 meses, contados a partir da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 63.059.830 pesetas equivalentes a 378.997,21 euros.

5. Garantías: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo todos (1-9), categoría E.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos arts. 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de xaneiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde