Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO da aprobación definitiva das modificacións puntuais número 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de decembro de 2000, acordou aprobar definitivamente, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, a seguinte modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal:

Número 3. Redefinición do ámbito do plan especial costeiro 1 no solo urbano da zona da Lagarea.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así o disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo,

poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaído resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente contra este acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou ó da publicación deste acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advírtese que tamén se poderá interpoñer outro recurso que os interesados consideren pertinente en defensa dos seus intereses.

Ortigueira, 3 de xaneiro de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde