Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a seguinte licitación:

O alcalde-presidente, por resolución da Alcaldía do 4 de xaneiro de 2001, acordou darlle aprobación ó seguinte expediente:

1. Obxecto: saneamento da Atalaia, A Devesa Carballal e O Batán.

2. Prezo. 20.000.000 de pesetas (IVE incluído).

3. Prazo de execución: 4 meses.

4. Sistema de licitación: procedemento aberto e concurso público.

5. Lugar de presentación de ofertas e prazo: 26 días naturais contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios en publi

calo (BOP ou DOG), no rexistro xeral do concello, de luns a venres, das 9 ás 13 horas, ou en calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992.

6. Fianza provisional: 2% do prezo de licitación (400.000 pesetas).

7. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría B.

8. Apertura das ofertas: o 3º día hábil seguinte ó da finalización do prazo da presentación de ofertas no salón de plenos do concello, ás 20 horas.

9. Gastos do contrato: o contratista deberá asumi-lo custo da publicación dos anuncios e da dirección de obra.

O expediente está á disposición dos interesados na secretaría do concello, de luns a venres, das 9 ás 13 horas, podendo solicitar información ó teléfono 981 86 00 75/76.

Rianxo, 4 de xaneiro de 2001.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde