Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 17 de xaneiro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de ordenación do medio rural de Mondariz-Balneario, redactado pola empresa Urbeplan, S.L. o que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 26 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, postestativamente, ante o Pleno da Corporación, recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir da publicación do último dos anuncios no DOG ou no BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á notificación da resolución expresa dese recurso. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación do último dos anuncios no DOG ou no BOP.

Tamén se pode exercer, de se-lo caso, calquera recurso que se estime procedente.

Mondariz-Balneario, 24 de xaneiro de 2001.

José Antonio Lorenzo Rodríguez

Alcalde