Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

C ONCELLO DE MONDARIZ

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo concello, en sesión do 28 de decembro de 2000, o expediente de modificación puntual de proxecto de ordenación do medio rural para a cualificación dunha parcela para a construcción de vivendas sociais, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado nas oficinas municipais e formularse cantas alegacións e reclamacións se consideren pretinentes.

Conforme o disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencia na parcela afectada pola modificación, cualificada de solo urbano, residencial entre medianeiras, sita na r/ Crevantes. C. Barroalto en Mondariz, na que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Mondariz, 10 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado