Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

De conformidade co previsto na base 6.a) das xerais correspondentes á convocatoria de provisión de postos de traballo incluídos na oferta de emprego público do Concello de Marín para o exercicio 2000, dictou esta Alcaldía Resolución o 16-1-2001, pola que se presta aprobación inicial á lista de admitidos, excluídos e composición dos tribunais que xulgarán as probas de selección.

Públicase edicto no BOP de Pontevedra así como no taboleiro de edictos do concello, que contén a lista provisional de admitidos e excluídos, concedéndose un prazo de dez días a partir da publicación no BOP de Pontevedra, para os efectos de emenda de defectos de exclusión e para recusación dos membros do tribunal.

Transcorrido o dito prazo, dictarase nova resolución que elevará a definitiva a lista de admitidos e excluídos, así como a composición do tribunal e determinarase a hora e data de comezo das probas. Este último anuncio publicarase exclusivamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de edictos do concello.

Os interesados poderán obter maior información no Concello de Marín (teléfonos: 986 83 80 38 e 986 88 03 00).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Marín, 17 de enero de 2001.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde