Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-4/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do 29 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro: aprobar inicialmente o Plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural.

Segundo: proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e nos periódicos de maior circulación da provincia.

Terceiro: ó conte-la delimitación do polígono, proceder á notificación individual do devandito trámite ós propietarios afectados incluídos dentro do ámbito.

Cuarto: remitir exemplar do documento á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para efectos de emisión de informe ó afectar bens de interese cultural e ó Ministerio de Fomento o afecta-lo viario proposto VG-04».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado