Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992,

do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 27-11-2000.

Obxecto: construcción e explotación de instalacións para varada, reparación e mantemento de embarcacións.

Porto: Tragove (Cambados).

Adxudicatario: Celso Díaz Rodríguez.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 27-11-2000.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Aldán.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 1-8-2000.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Arcade.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Arcade.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 7-8-2000.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Meira.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores San Martín de Moaña.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 18-8-2000.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Cangas.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores San José de Cangas.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 22-12-2000.

Obxecto: modificación da concesión administrativa de construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

Porto: Sada.

Adxudicatario: Oys Noroeste, S.L.

Prazo: ata o 16 de xuño de 2027.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, á elección do interesado, ante o xulgado do contencioso-administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Admi

nistrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia