Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de concesión de explotación Frades número 6705, segunda fracción, en terreos dos termos municipais de Mesía e Frades, provincia da Coruña, e promovido por ERIMSA.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG do 25 de setembro de 1990), faise pública a Resolución do 23 de abril de 1999 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e os seus anexos do proxecto de explotación de arxilas cunha superficie de 58 ha, en terreos situados nas paraxes de Boado, Lanzá e Fonte Lanzá, nos concellos de Mesía e Frades (A Coruña), denominado Frades número 6705. 2ª fracción promovido por Erimsa.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación presentada, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, con fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

O ámbito da presente declaración refírese, en exclusiva, ás actuacións mineiras de explotación sobre a superficie definida no proxecto, con exclusión das zonas dos xacigos arqueolóxicos existentes, segundo se reflicte na prospección arqueolóxica informda pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Esta demarcación de exclusión, que sera proposta polo promotor,

deberá recibi-lo informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural previamente ó outorgamento da concesión.

Para explotar outras zonas ou áreas, aínda dentro da superficie solicitada, precisaríase unha nova declaración.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión do po e gases.

Adoptaranse as medidas necearias no explotación de xeito que non se superen os límites establecidos polo Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro (BOE número 96, do 22 de abril de 1975; corrección de erros en BOE número 137, do 9 de xuño de 1975), de protección do ambiente atmosférico, nos núcleos de:

-Fonte Lanzá e Ousende próximos á zona de Lanzá.

-Aboi, proximo á zonas de Boado.

2. Protección das augas.

2.1. Co fin de evitar que as augas de escorrentía superficial das zonas de Lanzá, media e oeste de Boado, poidan afecta-lo río Maruzo (afluente do río Tambre) e as da zona sur de Boado ó rego da Fontefría (tributario do río Maruzo), conduciranse axeitadamente as augas das zonas explotadas, xunto coas provenientes de calquera outro labor relacionado directa ou indirectamente coa explotación, a balsas de decantación, previamente á súa vertedura, para o que disporán de autorización previa do organismo de bacía.

Os valores límite de vertedura que garantan a calidade físico-química das augas, para os parámetros que se indican a continuación, serán, segundo o establecido na táboa do anexo ó título IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, os seguintes:

PH: 5,5-9,5.

Sólidos en suspensión (mg/l): 80.

Materias sedimentables (ml/l): 0,5.

Sólidos grosos: ausentes.

2.2. Limparanse os lodos das balsas de decantación en períodos de estiaxe e, en calquera caso, cando acaden como máximo a metade do volume daquelas.

2.3. As augas residuais que se xeren nos servicios hixiénicos destinados ós operarios deberán ser conducidas a unha fosa séptica ou outro sistema que garanta a seu axeitado tratamento.

2.4. Os labores de mantemento de maquinaria levaranse a cabo fóra das zonas en explotación ou xa explotadas, debendo ser recollidos os seus residuos conforme a súa natureza, e entregados a un xestor autorizado.

2.5. Para calquera afección, consecuencia da actividade mineira, no dominio público hidráulico, zona de servidume e policía de leitos fluviais, será preceptiva a autorización administrativa outorgada polo organismo autónomo Augas de galicia, que deberá ser tramitada polo departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

3. Protección do solo.

3.1. No caso de que o período de tempo de almacenamento de terra vexetal sexa superior a un ano, someterase a coidados, mediante unha remexedora temporal, regas, fornecemento de fertilizante mineral e plantación con leguminosas en cantidade de 0,1 kg/m (en asociacións de Festuca sp., e Melilotus sp.i.e). As moreas deberán realizarse de xeito que non estean en pendente nin en zonas susceptibles de esborroárense. Estas moreas disporanse nos bordes da explotación e protexidas do paso da maquinaria formando cordóns lonxitudinais cunha altura máxima de 1,5 m, de tal xeito que resulten protexidas da posible entrada de auga con pequenas canles.

3.2. Os estériles ou finos (fracción inferior a 40 mm) así como os lodos de decantación, en ningún caso se poderán depositar fóra do perímetro da zona obxecto da presente DIA, e estarán localizados en terreos cunha pendente que garanta a estabilidade das moreas, co obxecto de minimiza-las súas perdas.

3.3. Non se poderá depositar nin acumular na explotación nin en terreos adxacentes ningún tipo de residuo sólido diferente das moreas temporais de terra vexetal e dos estériles xerados na propia explotación, prohibíndose de forma específica a súa vertedura noutras zonas da parcela ou en terreos alleos a ela, así como en zonas do dominio público hidráulico sen autorización expresa de organismos de bacía.

4. Protección da fauna e da flora.

4.1. Evitarase a libre circulación de animais entre as parcelas estremeiras e a zona de explotación, mediante a instalación, nas partes superiores da explotación, dun cerramento de malla cunha altura non inferior a 1,50 m quedando expresamente prohibido o uso de arame de espiño.

4.2. Respectarase sistemáticamente todo tipo de vexetación existente, compatible coa explotación, que sirva coma pantalla visual, acústica e contra o po en calquera das zonas que se exploten. A eliminación da vexetación da área que se vai explotar será sempre mediante sistemas de roza.

5. Protección da paisaxe.

5.1. Co fin de enmascara-la explotación disporanse, desde o inicio dos labores, pantallas visuais arbóreas a base de Betula alba e Alnus glutinosa, nas zonas próximas á dominio público hidráulico, en proporcións do 50%, con marco 4x4,5 m en dispisición triangular, cunha altura mínima de 1 m ó longo duha franxa de 10 m de largo. No resto das zonas que o requiran plantarase Pinus pinaster (en marco 2x3 m en disposición triangular, ocupando unha franxa de 10 m de largo e de 1,5 m de altura como mínimo) para asegura-lo cumprimento do obxectivo definido neste punto.

As pantallas visuais seleccionadas deberán vir orzadas no plan de restauración.

5.2. Co obxecto de minimiza-lo impacto paisaxístico xerado pola explotación, realizarase minería de transferencia.

6. Restauración.

En relación ó plan de restauración previsto, teranse en conta as seguintes consideracións:

6.1. Procederase a restaurar tódalas superficies que se modifiquen ou se creen, non podendo existir en ningún momento máis de unha (1) fronte activa.

6.2. Os labores de restauración realizaranse paralelamente ás de extracción de maneira progresiva. Ó remate da explotación procederase á remodelación dos noiros finais ata acadar pendentes de 20º como máximo.

6.3. A profundidade mínima de terra vexetal que se estenderá posteriormente nos ocos de explotación para a súa restauración será de 50 cm. No caso de que a cantidade de terra vexetal existente na explotación non fose suficiente para acadar este obxectivo, faríanse precisos fornecementos externos, que contarán coa súa procedencia e aptitude debidamente xustificadas.

O fertilizante mineral que se empregue será o complexo N-P-K (15-15-15). A fertilizacion orgánica será a base de esterco, cunha dose media de 30 t/ha e cun contido mínimo de notróxeno do 3,5%. Co fin de neutraliza-la acidez, aplicaranse emendas calcarias tales como cal apagado ou carbonato cálcico. Quedará expresamente prohibido o emprego de herbicidas de contacto.

As especies arbóreas que se empregarán na revexetación do límite entre a zona do dominio público hidráulico e a de explotación serán Betula alba e Alnus glutinosa con marco 4x2,5 m e como mínimo dúas saibas de idade. No resto das zonas de explotación plantarase Pinus pinaster co marco 5x5, ó tresbolillo e dúas saibas de idade como mínimo.

En toda a superficie alterada implantarase unha pradería a base de especies de leguminosas (20%) e gramíneas (80%) e cuha doses mínimas de 120 kg/ha.

As sementes empregadas nas operacións de revexetación deberán reuni-las seguintes condicións: pureza )90%, potencia xerminativa )95% e ausencia de pragas e enfermidades.

Os labores de revexetación realizaranse en outono ou primavera, en función dos ecotipos seleccionados, procedéndose á rega regular, á fertilización de reforzo anual con mineral e á resementeira das superficies

revexetadas, cando sexa preciso, ata que se asegure a viabilidade de plantación.

No caso de que as marras superen o 10% ós tres anos de terse realizado a plantación, o promotor procederá á súa reposición.

6.4. Ó finaliza-la explotación e dentro do plazo especificado no calendario de execución dos labores de recuperación, desmantelaranse tódolas instalacións auxiliares, balsas de decantación e canles perimetrais e procederase ó peche e recuperación das pistas de acceso, deixando o medio nas condicións precisas para o uso previsto para o terrreo e convervando as servidumes propias ou redefinidas.

6.5. Os lodos obtidos das balsas de decantación empregaranse na súa totalidade para os labores de restauración.

6.6. Non se empregarán na restauración materiais diferentes da terra vexetal dos estériles (finos) xerados na propia explotación e dos lodos de decantación, e prohíbese a vertedura de entullos producto de derrubas de construcción ou de calquera outro material diferente dos mencionados anteriormente (os cales deberán xestionarse de acordo coa lexislación vixente).

7. Protección do patrimonio.

7.1. De cara a evitar calquera tipo de afección sobre os dous xacigos arqueoloxícos situados dentro da concesión Frades número 6.705.2, concretamente nos lugares de Boado e Fonte Lanzá, cómpre que os ditos xacigos e a súa área de influencia sexan excluídos da zona de explotación.

8. Vixilancia ambiental.

8.1. O promotor remitirá a esta dirección xeral, a través do órgano substativo, e xuntamente co plan de labores anual no mes de xaneiro de cada ano, o informe do plan de seguimento ambiental presentado no estudio e un informe acompañado de reportaxe fotográfica na que se describa o estado da explotación así como dos traballos de restauración levados a cabo segundo a planificación proxectada, indicando as variacións producidas con respecto a esta, xunto coa previsión dos labores de restauración apra o vindeiro ano.

9. Documentación adicional.

9.1. Previamente ó inicio da actividade mineira presentarase a través do órgano substantivo, unha copia da autorización de captación e vertedura emitida polo organismo da bacía.

9.2. Nun prazo máximo de dous (2) meses despois de ser notificada á presente DIA e, en calquera caso, previamente á autorización administrativa, o promotor presentará diante do órgano substantivo; que, pola súa vez, o remitirá a esta dirección xeral para a valoración e, se procede, a imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven da presente DIA, a seguinte documentación:

-Plano de demarcación, a escala axeitada e dotado de coordenadas U.T.M. da zona resultante trala exclusión das áreas de protección dos xacigos arqueoloxícos existentes, xuntando copia da conformidade da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

-Plano a escala axeitada, e dotado de coordenadas U.T.M., das superficies que se vaian ocupar diferenciando as correspondentes á explotación, instalacións

auxiliares, balsas de decantación, canles perimetrais, zonas de amoreamentos de terra vexetal e lodos de decantación e pistas de acceso.

-Caracterización das pantallas visuais, de acordo co mapa de bacías e cos perfís visuais, que deberán vir reflectidas no orzamento do plan de restauración e representación delas en planos, a escala exeitada e dotados de coordenadas U.T.M.

-Adecuación do plan de restauración (incluíndo orzamento e novo calendario de execución dos labores de restauración) das zonas obxecto do ámbito da presente declaración, tendo en conta, así mesmo, as condicións que se deriven desta.

-Proxecto do sistema de depuración de augas fecais que se empregará incluíndose a localización do punto de vertedura das augas.

-Proxecto das balsas de decantación e mais do sistema de drenaxe, incluíndose a localización do punto de captación e vertedura, de acordo co establecido no punto 2.1. da presente DIA.

A avaliación desta documentación será obxecto dunha resolución que será comunicada por esta dirección xeral ó órgano substantivo para os efectos oportunos.

10. Condicións adicionais.

10.1. Para efectos de seguimento da presente DIA, o órgano substantivo comunicará o órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

10.2. A proposta do aval que deberá fixa-lo órgano substantivo, para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e para facer fronte ós posibles danos que produzan ó medio, segundo o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, provisonalmente será de 8.000.000 pesetas/h, que para a superficie de actuación considerada (58 ha) ascende á cantidade de catrocentos sesenta e catro millóns de pesetas (464.000.000 de pesetas). O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento do plan de restauración, de acordo co indicado no punto 8.2 da DIA.

10.3. O promotor comunicará a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación.

10.4. As condicións indicadas nesta DIA, son de obrigado cumprimento para o promotor, nembargantes, a empresa promotora, poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias apra a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade industrial, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, a empresa promotora solicitarao, nun prazo máximo de tres meses, desde que lle sexa notificada a presente DIA polo órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo aodptado á empresa promotora.

10.5. Se, unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e que se corrixan estas.

10.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións expostas nesta DIA, poderán ser causa suficiente para proceder ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

10.7. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións dela. En materia urbanística, o proxecto estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

10.8. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas diposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

10.9. No se poderá comeza-la explotación ata obtermos nesta dirección xeral o plan de vixilancia ambiental inicial e o resto dos documentos esixidos no epígrafe 9.2.

ANEXO

Resumo do proxecto

O proxecto consisten nunha explotación de arxilas, en terreos situados nas paraxes de Boado, Lanzá e Fonte Lanzá, nos concellos de Mesía e Frades.

A altura máxima das frontes será de 20 m, o noiro de traballo terá uns 80º, a relación estéril/mineral será de 10/1 e o número de bancos estará comprendido entre 2 e 3.

De volume total de terras a mover (425.000t/ano), arredor do 32% van corresponder a materiais estériles. En total van ser da orde de 150.000 t/ano, as cales se van empregar inmediatamente no recheo dos ocos xerados pola explotación.

O xacigo ten unha superficie total de explotación de 58 ha divididas nas seguintes zonas de extracción:

-Zona media (Boado-Lanzá)= 7,2 ha.

-Zona oeste de Boado= 4,8 ha.

-Zona sur de Boado: 26,8 ha.

-Zona Lanzá= 19,7 ha.

Os labores preparatorios do terreo constan da eliminación da cobertura vexetal, a retirada e amoreamento da terra vexetal e o recheo dos ocos de explotación de xeito que se rebaixe a cota entre 8 e 10 m. Tras ese recheo remodelaranse os noiros finais con pendentes entre 20-30º co fin de suaviza-la diferencia de cota.

As medidas correctoras que se aplicarán co fin de integra-la extracción no contorno son as seguintes:

-Atmosfera: rega periódica de pistas no asfaltadas: rega da zona de explotación e dos amoreamentos. Evita-lo transporte por puntos próximos a zonas poboadas.

-Solo: retirada e acopio da terra vexetal en zonas xa ocupadas pola explotación. Recheo e restitución

da maior superficie posible, para que sexa posteriormente reutilizable.

-Morfoloxía e paisaxe: uso de materiais e colores que se integren. Protección da vexetación dos perímetros das leiras. Evitar accesos perpendiculares ós camiños.

-Flora e fauna: revexetación con especies autóctonas, favorecendo o seu crecemento con melloras edáficas. Revexetación con individuos de máis de 1 ano. Minimiza-lo ruído reducindo o tráfico de camións e a valocidade.

-Socio-cultural: adecua-la zona trala restauración para que recupere o seu uso tradicional. Favorece-la opinión da poboación cara ó proxecto realizando algunha obra de infraestructura que mellore a súa calidade de vida.

ANEXO II

Resultado das consultas realizadas

Do contido dos informes recibidos cabe destaca-las seguintes consideracións:

-A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable a este estudio ambiental.

-A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo considera imprescindible que a explotación se efectúe de forma racional e que o plan de restauración se poña en práctica e se leve a cabo seguindo o calendario proposto.

Por outra banda a Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas destaca a inexistencia dun plan de drenaxe de explotación, non concreta a localización nin as dimensións da balsa de decantación e non lle dá suficiente importancia á afección do nivel freático.

-A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa que a prospección arqueolóxica permitiu documenta-la presencia de dous xacigos arqueolóxicos que están afectados polo permiso de investigación Frades número 6.705.2 e que dea cara a evitar calquera tipo de afección sobre o dito patrimonio cómpre que os xacigos arqueolóxicos e a súa área de protección sexan excluídos da explotación Frades número 6.705.2.

-A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural informa que o estudio ambiental do proxecto de referencia está incompleto por non incluír un estudio comparativo da situación ambiental actual e futura e un programa de vixilancia ambiental, ámbolos dous esixidos na vixente lexislación ambiental.

-A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable do referido estudio e considera necesaria a recollida nas condicións dos seguintes puntos:

1. Ámbito territirial da declaración: refírese ás actuacións minerais de explotación sinaladas nos documentos achegados.

2. A remodelación dos ocos realizarase de xeito que as pendentes resultantes serán o máis próximas posible ás orixinais. En ningún caso se admitirán entulleiras permanentes.

3. Calidade do aire: os niveis de emisión de partículas sólidas no sobrepasan os límites establecidos no Decreto 833/1975, polo que se desenvolve a

Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico.

4. Vías e pistas: aplicarase o disposto na I.T.C. 07.1.03.

5. Flora: respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente, compatible coa explotación que sirva como pantalla visual ou acústica.

6. Residuos: os aceites usados deberán ser entregados a xestor autorizado.