Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/115-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Porqueirós.

Situación: Muíños.

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea, de 149 m derivada desde a L.M.T. Muíños-encoro de Salas e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Porqueirós. Redes de baixa tensión aéreas derivadas do C.T.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar, de non chegaren as partes a un acordo amigable, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expro

piación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Ourense, 19 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 00/115Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. PorqueirósTermo municipal: Muíños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6O CastiñeiroLabradíoJesús Fernández GarridoCerdeña, 509-511, 2º-2ª

08024-Barcelona

2129290

7O CastiñeiroLabradíoPerfecto Seoane PérezAvda. Bos Aires, 30-2º

32004-Ourense

2 e 3464416