Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.344

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, 14 postos de traballo do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), analista programador, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocados pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro).

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 15, do 22 de xaneiro de 2001, é necesario realiza-la seguinte corrección:

-No anexo, onde di: «...escala de sistemas e tecnoloxía da información»; debe dicir: «....analista programador».