Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.343

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), lista B.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 10, do 15 de xaneiro de 2001 é necesario realiza-las seguintes correccións:

Onde di: «Para os efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 14 horas, de luns a venres, e das 9 ás 4 horas os sábados»; debe dicir: «Para os efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados».