Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.344

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro).

Advertidos erros no texto da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 15, do 22 de xaneiro de 2001, é necesario realiza-las seguintes correccións:

-No anexo, onde di: «...escala de sistemas e tecnoloxía da información»; debe dicir: «...escala técnica auxiliar de informática».

-Na relación definitiva de excluídos debe eliminarse a Saavedra Orro, Félix José, DNI 34.888.996, que pasa a integrarse na relación definitiva de admitidos.