Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización de rúa de nova apertura entre o camiño de San Brais e a rúa Herminia Fariña Cobián.

A Comisión de Goberno, en sesión do día vintesete de novembro de dous mil, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da rúa de nova apertura, entre o camiño de San Brais e a rúa Herminia Fariña Cobián, promovido, mediante iniciativa particular por Construcuatro, Sociedad Anónima, de conformidade co denominado texto refundido setembro 2000, comprensivo do proxecto visado pola Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 9-12-1999, planos reformados de número 11', 2', 3' e o denominado Axonometría, con visado colexial do 25-2-2000, e novos planos números 2'' e 3'', visados colexialmente en data 31-3-2000, anulando e substituíndo os seus correlativos anteriormente presentados, documentación toda ela redactada polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez, Daniel Gómez Ayuso e José Vicente Rodríguez Pagán.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte á dereito.

Pontevedra, 15 de decembro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental