Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial de proxecto de urbanización.

Por Decreto da Alcaldía, do 18 de xaneiro de 2001, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización en Castelo-Osedo, redactado polo arquitecto José Antonio Vázquez Rodríguez e outro, e tramitado por instancia dos irmáns Lorenzo Cancelo. Dando cumprimento ó establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, ábrese un período de información pública durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan formular alegacións.

Sada, 18 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado