Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, por delegación da Alcaldía, acordou aprobar inicialmente, na súa sesión extraordinaria do día 19 de xaneiro de 2001, o Plan parcial para a ampliación do Polígono Industrial Lalín 2000, terceira fase, redactado polo arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, do equipo de Alameda 12, S.L. por instancia de Xestur Pontevedra, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 17/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este poderá examinarse nas oficinas municipais, nas horas de oficina, e formularse, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.

Lalín, 23 de xaneiro de 2001.

José Crespo

Alcalde-presidente