Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 12 de xaneiro de 2001, en virtude da delegación da alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización e axardinamento e cesión de espacios libres, edificios números 59 e 61 da rúa Areal, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, e presentarse, de se-lo caso, as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

Lalín, 22 de xaneiro de 2001.

José Crespo

Alcalde-presidente