Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 104/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vide (Aranga).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor tipo LA-56, de 1.096 m de lonxitude, coa orixe na liña Pedrido-Guimil (expediente 50387) e final no C.T. Vide, que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte conductor R.Z. de 20 m que conecta con rede de baixa tensión existente no termo municipal de Aranga.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 27 de xuño, no BOP do 13 de xuño, no xornal La Voz de Galicia do día 8 de xuño de 2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Aranga, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña