Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., e R.B.T., do Burgo, Outeiro, Cruces e Arruxo, no concello de Amoeiro. (Expediente IN407A 00/72-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións o propietario do predio nº 4 da relación de afectados, que manifesta por diferentes motivos a súa oposición á traza da liña, as ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma Galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos Decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 9.190.119 pesetas:

-Liña aérea a 20 kV, de 902 m en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 13 da L.M.T. proxectada Cambeo-Bóveda-Bacurín e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V no Burgo. Redes de baixa tensión derivadas do C.T anterior e do C.T. de Chacín.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios dos mesmos e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se

lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 26 de xuño de 2000, que se publicou no DOG do 27 de xullo, no BOP de Ourense do 29 de xullo e no xornal diario La Región do 8 de xullo.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 20 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense