Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Latón (Verín-Coiro).
Situación: Moaña.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 390 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde a L.M.T. Latón (CAG 8065290) e a L.M.T. Moaña (CAG 8041010) ata a L.M.T. Latón (CAG 8065290) e a L.M.T. Moaña (CAG 8041010).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de decembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra