Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/294-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. Cima do Castro-Cumeiro.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 1.090 m de lonxitude, con conductor tipo LA.56,

desde un apoio s/n da L.M.T. 0602 Portodemouros ata o C.T. Cima do Castro Cumeiro, no concello de Vila de Cruces. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra