Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Resolución do 16 de xaneiro de 2001, do Concello de San Cibrao das Viñas, (Ourense) referente á convocatoria para prover dúas prazas de peóns do servicio de xardinería e unha de arquitecto, incluídos no cadro de persoal laboral fixo.

No BOP de Ourense número 9 de data 12 de xaneiro de 2001, publícanse integramente as bases para a provisión de prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 200.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

San Cibrao das Viñas, 16 de xaneiro de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa