Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.160

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA-FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA

CONVOCATORIA de concurso para a selección e contratación de xestores de productos feirais para a xestión comercial dos certames Turisport, Salimat e xestión comercial de certames feirais en xeral.

As especificacións son as seguintes:

-Precísase diplomado ou titulado superior, con experiencia en postos semellantes de, polo menos, tres anos, con iniciativa e capacidade para tomar decisións, valorándose o coñecemento de idiomas, e consonte as demais bases que se atopan expostas no taboleiro de anuncios da fundación e que lles facilitará ós solicitantes o departamento administrativo da fundación.

-As solicitudes de participación deberán ser presentadas na sede da fundación, Recinto Feiral sen número, 36540 Silleda (Pontevedra), teléfono 986 58 00 50, fax 986 58 08 65, dentro do prazo dun mes contado desde a publicación do último anuncio desta contratación, adxuntando o currículum vitae, con fotografía recente e os demais datos que cada interesado considere de interese.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, citaranse os interesados para as probas e entrevistas de selección.

Rubricado