Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra piscinas, vestiarios e edificio de usos varios en Charcas da Mora, Peipaz-Ponte Noalla.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Peipaz-Ponte Noalla, San Cibrao das Viñas.

d) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total da obra: 69.340.890 (sesenta e nove millóns trescentas corenta mil oitocentas noventa pesetas), 416.747,14 euros.

Orzamento que se vai adxudica-lo concello: 45.723.940 (corenta e cinco millóns setecentas vintetrés mil novecentas corenta pesetas), 274.806,41 euros.

Materias que vai achega-la deputación: 23.616.950 (vintetrés millóns seiscentas dezanove mil novecentas cincuenta pesetas), 141.940,73 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 914.478 pesetas, 5.496,12 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario das 9 ás 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1, San Cibrao das Viñas. Telf.: 988 38 10 34. Fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositaranse na Fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, categoría d.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o 13 día natural contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia das 9 ás 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 15 de xaneiro de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa