Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia C2000/5).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C2000/5.

2. Obxecto do contrato: concesión da construcción e explotación de estacionamento para vehículos no subsolo do mirador dos Castros. Duración do contrato: 50 anos improrrogables.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon anual: para propor polos licitadores, sen que poida ser inferior a 6.000 pesetas (36,06 euros) por plaza (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo A; subgrupo 1; categoría C. Grupo C; subgrupo 2; categoría D. Grupo: J; subgrupo 2. Categoría C.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexisto Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2001.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación