Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 11 de outubro do presente ano, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual das NN.SS.MM. nos ámbitos das unidades

de actuación nº 5 e nº 10, que ten por obxecto varia-las superficies destinadas a equipamentos e espacios libres nos ámbitos citados.

De conformidade co estipulado no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente co obxecto de que durante o mes seguinte á inserción deste anuncio no DOG e nun dos diarios de maior circulación na provincia, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren convenientes.

O expediente atópase no Servicio de Urbanismo do concello e poderá ser consultado durante o período indicado de 9 a 14 horas.

Cangas, 31 de outubro de 2000.

José E. Sotelo Villar

Alcalde