Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Rapado e Caberteña, a favor dos veciños de San Vitorio e Casa da Veiga, no concello de Xinzo de Limia (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en sesión do 2 de xuño de 1999, inicia-lo expediente de clasificación coma veciñal en man común do monte denominado Monte Rapado e Caberteña e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Xinzo de Limia.

Denominación: Monte Rapado e Caberteña.

Comunidade propietaria: veciños de San Vitorio e Casa da Veiga.

Superficie: 50 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño veciñal, Francisco Conde Colmenero, Alfredo Casal Feijóo, Serafín Do Muíño Rodríguez e outros terreos dos veciños de Ganade.

Sur: termo municipal de Porqueira.

Leste: camiño público, Francisco Martínez Parada, José Martínez González e outros veciños de Ganade:

Oeste: termo municipal de Porqueira.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 30 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais e Man Común de Ourense