Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Xugo da Bola, a favor dos veciños de Dadín, no concello do Irixo (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 22 de marzo de 2000, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Dadín, do monte denominado Xugo da Bola, no concello do Irixo e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: O Irixo.

Denominación: Xugo da Bola.

Comunidade propietaria: lugar de Dadín.

Superficie: 46 ha, aproximadamente.

Estremas.

Norte: Gisleno Otero Novoa, José Gil Condomiño, Hermesinda Fernández Nogueira e monte veciñal en man común do lugar das Laxas.

Sur: Dolores González Gil, Manuel Fernández Fernández, Dora Alicia Fernández Vázquez, Gisleno Otero Novoa, Marisa Covela Pérez e Eladio Parada Taboada.

Leste: monte veciñal en man común do lugar das Laxas.

Oeste: Gerardo Taboada García, José Manuel Conde Fernández, Isaura Dejuane García, Marisa Álvarez Conde, José Pérez Gallego e Manuel Gil Daparte.

Este monte está atravesado por sendeiros que se conservan en uso tal e como se reflicte no plano adxunto.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense