Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios de seguridade e vixilancia do centro de menores Jesús de Nazaret-Palavea (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto 2/2000, do 16 de xuño de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta delegación provincial acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 33/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Contratación do servicio de seguridade e vixilancia.

b) Descrición do obxecto: servicio de seguridade e vixilancia no centro de menores Jesús de Nazaret-Palavea (A Coruña).

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 230, do 28-11-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: 17.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 22-12-2000.

b) Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importes de adxudicación: 16.512.600 pesetas.

A Coruña, 27 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña