Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, e de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas aprobados polo Concello Pleno en sesión do 26 de outubro de 2000, convoca a seguinte licitación:

Denominación: a xestión, mediante concesión administrativa, do servico de carga, descarga e transporte a domicilio e nos establecementos de venda autorizados das reses sacrificadas no matadoiro municipal.

Prazo de execución: catro (4) anos, prorrogables na forma prevista no prego de cláusulas.

Tramitación: ordinaria, procedemento:aberto; forma: concurso.

Orzamento de licitación: 4.500.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 9.000 pesetas; definitiva: 4% da adxudicación.

Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

Apertura de plicas: o terceiro día hábil seguinte ó da terminación da presentación de proposicións.

Información: concello de Sarria, rúa Maior, 14-Sarria. Teléfono: 982 53 50 00. Fax: 982 53 09 16.

Gastos: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario.

Anuncio extenso: BOP de Lugo número 276 do 1 de decembro de 2000.

Sarria, 2 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado