Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

De conformidade co acordado polo Concello Pleno en sesión do 28 de setembro de 2000, anúnciase a seguinte poxa:

Obxecto do contrato: a venda poxa do seguinte ben de propiedade municipal:

Rústica.-Prado da Carreira, sita en Paderne, parroquia de Vilamaior, a prado e monte, da superficie de 2 hectáreas, 43 áreas se 51 centiáreas. Está formada polas parcelas 55, 410 e 411 do polígono 32 do catastro de rústica e inscrita no inventario de bens desta corporación, e no rexistro da propiedade de Sarria ó folio 162, dolibro 145, tomo 368, predio número 16.264.

Tipo de licitación: 2.700.000 pesetas.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación; definitiva: 4% da adxudicación.

Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

Apertura de plicas: o terceiro día hábil seguinte ó da terminación da presentación de proposicións.

Información: Concello e Sarria, rúa Maior, 14-Sarria. Teléfono: 982 53 50 00; fax: 982 53 09 16.

Gastos: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario.

Anuncio extenso: BOP de Lugo número 276 do 1 de decembro de 2000.

Sarria, 2 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado