Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

De acordo coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña número 128, do 6 de xuño de 1998, e mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado número 206, do 28 de agosto, e no Diario Oficial de Galicia número 170, do 2 de setembro, ámbolos dous do mesmo ano 1998, convocáronse para a súa provisión, polo procedemento de concurso interno entre o persoal do concello, diversos postos de traballo vacantes, entre eles o de 2º director e xestor da banda municipal de música.

Previa a tramitación prevista no capítulo III do Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo) coa aplicación supletoria do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril) e de conformidade co disposto no artigo 20.1º c) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, esta alcaldía, por Resolución do 1 de decembro de 2000 resolveu a citada convocatoria no que atinxe os citados postos de traballo, nomeando os funcionarios que se indican no anexo, que deberán tomar posesión dos novos destinos consonte o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado

ANEXO

Apelidos e nome: Mouriño Maquieira, Casiano. DNI: 76.811.501-B. Grupo: B. Corpo ou escala: especial. Posto de traballo: 2º director da banda municipal de música. Nivel: 20 B.

Apelidos e nome: Seráns Olveira, Carlos. DNI: 76.517.333-J. Grupo: B. Corpo ou escala: especial. Posto de traballo: xestor da banda municipal de música. Nivel: 20 B.

O que se publica para o seu coñecemento e efectos.