Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación de tipo e subministración de mobiliario destinado ó programa de dotación de equipamento a asociacións de veciños da provincia da Coruña. (Expediente 00/12416 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación de tipo e subministración de mobiliario destinado ó programa de dotación de equipamento a asociacións de veciños da provincia da Coruña.

Lugar de entrega: asociacións de veciños da provincia da Coruña que se indiquen.

Prazo de vixencia do contrato: ata o 31 de decembro de 2001.

Prazo de entrega dos bens específicos: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 16.511.953 pesetas (99.238,84 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5ª planta-15003 A Coruña, Tel.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte á última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario acctal. da Deputación Provincial da Coruña