Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Pola presente faise público que o alcalde por Resolución do 19 dos correntes aprobou definitivamente o proxecto de estatutos da entidade urbanística de conservación do polígono industrial A Granxa. O texto da resolución é como segue:

Decreto.-Visto o estado do expediente que se tramita en relación ó proxecto de estatutos da entidade urbanística de conservación do polígono industrial A Granxa.

Resultando que o alcalde por Decreto con data do 19 de xuño de 2000, resolveu:

Pirmeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de estatutos da entidade urbanística de conservación do Polígono Industrial A Granxa.

Segundo.-Somete-lo referido proxecto de estatutos á información pública por un prazo de trinta días, mediante anuncio que se publicarán no DOG e BOP, con citación persoal ós interesados indicándolle-lo periódico oficial no que se insire o texto dos estatutos.

Resultando que o expediente permaneceu exposto ó público durante o prazo de trinta días, tendo publicado anuncios no Diario Oficial de Galicia nº 148, do 1 de agosto de 2000 e no BOP nº 166, do 30 de agosto, e notificado individualmente a tódolos propietarios incluídos no ámbito de actuación da entidade de conservación.

Resultando que durante o prazo de exposición pública non se presentou ningunha alegación, tal e como queda debidamente acreditado no expediente coa certificación expedida polo secretario xeral.

Considerando de aplicación o disposto no artigo 21.1º j) da Lei 11/1999, do 21 de abril, de modificación da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 24.3º en relación ó artigo 162 do Regulamento de xestión urbanística.

Esta alcaldía, en uso das referidas atribucións, pola presente,

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar definitivamente os estatutos da entidade urbanística de conservación do polígono industrial A Granxa.

Segundo.-Publica-lo correspondente anuncio no BOP e no DOG, indicando que non introduciu ningunha modificación en relación ó referido proxecto de estatutos aprobados inicialmente e publicado integramente no Diario Oficial de Galicia nº 148 con data do 1 de agosto de 2000.

Terceiro.-Notifica-lo acordo de forma individual a tódolos propietarios incluídos no ámbito de actuación da entidade, requiríndoos co fin de que constitúan a entidade mediante escritura pública outorgada ante notario, da cal deberá remitirse copia simple á Administración actuante co fin de que poida ser ratificada e remitido o expediente ó Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras para a súa inscrición.

Mándao e asínao o alcalde José Manuel Barros González, no Porriño a dezanove de decembro de dous mil.

Contra a referida aprobación definitiva que finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza, dentro do prazo de dous meses desde a presente publicación, debendo previamente notifica-la súa interposición á Administración actuante, sen prexuízo de que con carácter potestativo se poida interpoñer recurso de reposición dentro do prazo dun mes contado desde a publicación do presente edicto ou calquera outro que o interesado considere pertinente.

O Porriño, 26 de decembro de 2000.

José Manuel Barros González

Alcalde