Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Órgano: Comisión de Goberno do Concello da Pobra de Trives.

Dependencia trámite do expediente: Secretaría Xeral.

Expediente: nº 1C/2001.

2. Obxecto do contrato.

1. Execución das obras de ampliación residencia da 3ª idade da Pobra de Trives.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento e forma: aberto-concurso.

3. Orzamento: 37.247.693 pesetas.

4. Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% orzamento adxudicación.

5. Prazo execución: 3 meses.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello da Pobra de Trives.

Enderezo: paseo de San Roque, nº 4, 32780 A Pobra de Trives (Ourense). Teléfono: 988 33 00 00. Fax: 988 33 10 10, e.mail: ctrives teleline.es.

Data límite para a obtención da documentación e información: dous días antes de finaliza-lo prazo para a presentación de proposicións.

Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica, con capacidade plena para contratar.

7. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte á data da derradeira publicación do anuncio no DOG ou BOP.

Documentación que hai que presentar: a que se explicita no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro do Concello da Pobra de Trives, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas. Domicilio paseo de San Roque nº 4, 32780 A Pobra de Trives (Ourense).

Prazo durante o cal o licitador mantén a súa oferta.

8. Apertura de ofertas.

Base 11 do prego de condicións.

9. Outras informacións: Concello da Pobra de Trives.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Ó mesmo tempo que se fai a convocatoria desta licitación, exponse ó público o prego de condicións polo prazo de 4 días. Se se presentasen alegacións, reclamacións ou reparos ó prego adiarase a licitación no prazo necesario.

A Pobra de Trives, 18 de xaneiro de 2001.

Luis Álvarez González

Alcalde