Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1251/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 21 de decembro de 2000, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por instancia de Fernando Copa Martínez, en representación da Comisión Xestora da zona 2 do SU-2 do PXOU de Ourense. O proxecto de delimitación da zona 2 do SU 32 del PXOU de Ourense fixando como sistema de actuación urbanística para o dito polígono, o de compensación.

2. Aprobar inicialmente por instancia de Fernando Copa Martínez, en representación da Comisión Xestora da zona 2 do SU-2 del PXOU de Ourense, os estatutos e bases de actuación para a xunta de compensación a constitución para a xestión urbanística do dito polígono. E

3. Requiri-la Comisión Xestora para que proceda a constituí-la xunta de compensación dentro do prazo establecido no artigo 133.5º da Lei de Galicia 1/1997.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 4 de xaneiro do ano 2001, adoptou, o seguinte acordo:

Rectificar de oficio o acordo comprendido no parágrafo segundo do punto da Orde do día 45 da Comisión Municipal de Gobierno con data 21 de decembro de 2000 quedando redactado da seguinte forma:

Aprobar definitivamente por instancia de Fernando Copa Martínez, en representación da Comisión Gestora da zona 2 do SU-2 do PXOU de Ourense, os estatutos e bases de actuación para a xunta de compensación que se vai constituír para a xestión urbanística do dito polígono.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 11 de xaneiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde