Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización viario de enlace entre as rúas Aragón e Currás (expediente 4234/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do 5 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do viario de enlace entre as rúas Aragón e Currás (expediente 4234/401), así como a relación individualizada de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto, presentado pola entidade Promociones Doralta, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alberto Moreno García e con visado colexial con datas do 24 de maio e 26 de xullo de 2000.

Segundo.-Antes da exposición ó público do expediente, a interesada deberá emenda-los reparos feitos polo enxeñeiro industrial municipal, adscrito á oficina de aforro enerxético, en informe do 3 de outubro de 2000.

Terceiro.-Sométase o expediente ó trámite de informacion pública durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados.

Unha vez cumprido o establecido no punto segundo do acordo, procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o o remate do mes, contado desde o día seguinte da derradeira publicación. O expediente está a disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 29 de novembro de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo