Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fixa a data na que se procederá ó levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do parque empresarial de Celanova, devolto polo servicio de correos.

No expediente de expropiación forzosa que se instrúe dos bens e dereitos que se precisan ocupar para

a execución do polígono nº 1 do parque empresarial de Celanova, unha vez pagados ou consignados os prezos xustos ante a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia da Delegación Provincial de Ourense, e en cumprimento do disposto nos artigos 38 e 39 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (BOE do 14 de abril) o artigo 146.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG do 26 de marzo), o artigo 209 do Regulamento de xestión urbanística aprobado por Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto (BOE do 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 1979), e demais disposicións aplicables conforme a Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE do 17 de decembro) e o Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE do 20 xuño), notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan o levantamento das actas de ocupación do expediente de referencia, en presencia do representante da

Administración, do alcalde e do secretario do concello.

Data: 29 de xaneiro de 2001, ás 10 horas.

Lugar: salón de actos do Concello de Celanova.

Para o devandito acto convócase a:

PredioPropietario

1Fernado Mouriño Villar e Josefa González Fernández

3Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

10Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

11Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

12Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

13Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

14Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

15Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

16Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

21-AAntonio, Elvira, Manuel e Luis Vázquez Meleiro

29Fernando Mouriño Villar e Josefa González Fernández

34Delfín González Caamiña

36Antonio, Elvira, Manuel e Luis Vázquez Meleiro

53Delfín González Caamiña

55Julio Casal Blanco

60Antonio, Elvira, Manuel e Luis Vázquez Meleiro

67Delfín González Caamiña

89-APaulino Suárez González

104Emilio López Díaz e Manuela Álvarez Rodríguez

106Delfín González Caamiña

107Manuel Andrés Rodríguez

111Dolores Andrés Rodríguez

112Manuel Andrés Rodríguez

Non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizdo, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros, así mesmo os comparecentes deberán identificarse co documentos nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do Concello.

Notifíquese a resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese o presente acordo no DOG e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que ignoren o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Ourense, 15 de xaneiro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense