Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria realizada con data do 18 de decembro de 2000, ó abeiro do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, acordou ampliar, ata o vindeiro día 2 de febreiro de 2001 incluído, o prazo de exposición pública do proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Boiro, para a remodelación urbanística no solo urbano de baixa densidade de Barraña, que foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria realizada con data do 16 de novembro de 2000.

Boiro, 29 de decembro de 2000.

Jesús Alonso

Alcalde