Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2000 pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada, para a contratación da asistencia técnica para a adaptación ó euro dos sistemas de información residentes no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. (Expediente 18/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 18/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a adaptación ó euro dos sistemas de información residentes no CIXTEC.

b) Prazo de execución. O prazo de execución será desde a data da sinatura do correspondente contrato ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxencia e anticipación de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación.

Setenta e cinco millóns de pesetas (75.000.000 de pesetas) IVE incluído.

4. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.500.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: (981) 54 13 37.

e) Telefax: (981) 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de documentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do oitavo día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás trece horas do cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable