Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Amoroz, a favor dos veciños dos lugares de: A Carballeira, Goterre, Carvasco, A Granxa, Os Barreiros, Os Quintairos, Outeiro, O Casal, Amorociña, Sampil, Rial, Moer, As Fontiñas e O Outeiro (parroquia de Santiago de Amoroz), no concello de Celanova (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, acordou en sesión do 18 de maio de 2000 inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Amoroz e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Celanova.

Denominación: Comunal de Amoroz.

Comunidade propietaria: lugares de: A Carballeira, Goterre, Carvasco, A Granxa, Os Barreiros, Os Quintairos, Outeiro, O Casal, Amorociña, Sampil, Rial, Moer, As Fontiñas, O Outeiro (parroquia de Santiago de Amoroz).

Superficie: 215, 5095 ha aproximadamente.

Estremas.

Norte: propiedades particulares.

Sur: termo municipal de Verea e termo municipal de Celanova.

Leste: camiño público e propiedades particulares.

Oeste: termo municipal de Verea, termo de Acebedo do Río e propiedades particulares.

Iníciase a apertura do período dun mes a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de decembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense