Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais da planta de transferencia do Rosal (Pontevedra), promovido pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientas para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais da planta de transferencia do Rosal (Pontevedra), promovido pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra.

-Concello do Rosal.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental